1. |
Pablo Callejo
03:26
|
|||
Cando non podas durmir e teñas medo, sabes ben que estou aquí, estou esperto / podemos falar e rir, e que importa o resto? / I é que cando ti estás aquí todo é perfecto / Pecha a porta un momento, deixa que pase o tempo, non quero marchar / A xente fala moito e mal de ti, e tamén o entendo /que nunca ha saír o sol pa quen non queira velo / pero xa se podía pudrir o mundo enteiro / que se ti estás xunto a min, todo é perfecto / Penso en ti cada momento, todas as cancións sonan igual / pensarás que non é en serio, pero nunca dixen tanta verdá / Cando non podas durmir e teñas medo, sabes ben que estou aquí, estou sempre esperto / e xúrame que vas abrir mañá eses ollos negros, e que os abrirás aquí se agora os pecho.
|
||||
2. |
Animal
04:05
|
|||
Amo a vida esperta, terma disto agora quero bailar / non hai día de festa, ao que eu vaia faltar / pero pega a orella, sempre hai cousas duras que contar / e aínda que non queiras, agora hasme ter que escoitar/ por exemplo é molesta a cara que xiras cando me ves pasar, e tamén creo que apesta que só unha de cen veces vaias contestar / pero ben sabes que me presta e presta ben presta cando por fin podemos falar, e quitas a careta e quito a careta e hai dúas caras sen maquillar / Déixame pasar, que me quero calmar, porque / Eu son un animal, son un porco, e a veces son un can / Segue a festa e eu coa gorxa desfeita e son as tantas da mañá / a xente está contenta a xente está desperta que é o peor que podía pasar? / pero gardo na cabeza aquí un par de cousas que ma van facer estoupar / e claro ti tampouco axudas cando dis que hoxe non será / Non te sintas mal, pero un dia caerás, porque / Eu son un animal, son un porco, e a veces son un can.
|
||||
3. |
Nin olvido nin perdón
03:32
|
|||
Eu quérote moito e ti quéreste moito / e así máis ou menos querémonos todos / case non falas e eu non te escoito / e gracias a eso querémonos todos / Pode alguén dicirme como hostias se sae de aquí? / tirando ou empuxando, cal será a solución? / Eu son como Al Capone, nin olvido nin perdón / e por todo o que fixeche, débesme unha explicación / Mirando o que fago has pensar que son o peor / pero son só outro idiota e xogácheme co corazón / busco unha frase que demostre todo o duro que son / pero son só outro idiota e xogácheme co corazón / E fago o que podo, dime que é o que fas ti? / sigo aquí esperando, sempre listo para a acción / Eu son como a Camorra, nin olvido nin perdón / quero ver correr a sangre e débesme unha explicación / Sigo aquí esperando, sempre listo para a acción / Eu son como Al Capone, nin olvido nin perdón / e por todo o que fixeche, e por todo o que dixeche, e aunque sei que ti non queres, débesme unha explicación.
|
||||
4. |
Venganza
07:06
|
|||
Non está tan claro se é o final / ninguén sabe agora que vai pasar / pero por se acaso quérome escoitar / dicir o que nunca penso olvidar / Non vaia ser que un día todo volva a comezar / e as cousas vaian ben, e logo eu me esforce en perdoar / Moitas veces dixen que daba igual / e era unha putada rir e calar / non é todo como podas pensar / hai cousas que si quero ver pasar / Que nin un día máis te sentes sen medo no sofá / que non baixes a garda e que nunca pares de vixiar / Sempre o digo é o mismo de sempre, pero quero que sepas, vas volver verme / seguro que o tempo o cura como sempre, pero quero venganza, vas volver verme / sempre o digo, é o mismo de sempre, pero anda con ollo, vas volver verme / todo se cura como pasa sempre, pero quero venganza cando volva verte / E ben o sei, que ti non tes culpa de nada / que foi así e ti non tes culpa de nada / E ben o sei, que non tes culpa de nada, que nada puideche facer / Ben sei que non tes culpa de nada, pero eu algo hei ter que facer / Sempre o digo é o mismo de sempre, pero quero que sepas, vas volver verme / seguro que o tempo o cura como sempre, pero quero venganza, vas volver verme / sempre o digo, é o mismo de sempre, pero anda con ollo, vas volver verme / todo se cura como pasa sempre, pero quero venganza cando volva verte / Seguro que tampouco está tan ben, seguro que tampouco me axuda tanto / Seguro que tampouco está tan ben, seguro que tampouco me axuda nada / E aínda así, aínda que sexa unha merda: venganza.
|
||||
5. |
Case todo é o que parece
03:30
|
|||
Os meus amigos danme asco, os meus amigos cáenme mal / cada vez que estamos xuntos, nunca sei ben de que falar / porque todo o que digo lles parece mal / Os meus amigos danme asco, e levo días sen un can / menos mal que son dos pobres e aínda me podo queixar / porque se tivese pasta eu faría igual / Que todos eses cabronazos, que todos eses mamonazos / das corbatas e dos barcos, da fariña e dos cochazos / como molaría ter cartos / Os teus amigos danme asco, os teus amigos cáenme mal / sempre te chaman ao móbil cando non deberían chamar / sempre te chaman e sempre tes que baixar / Levo media hora esperando, levo media hora aquí abaixo / creo que me estou conxelando / levo media hora aquí abaixo e os teus amigos danme asco / Casi todo é o que parece / Así que pasa desa peña e ven / manda á merda a esa xente e ven / non pasa nada se o fas só unha vez.
|
||||
6. |
Desaparecer
03:48
|
|||
Se é que todo che sae mal / ou che vai bastante ben / nunca está de máis desaparecer / se é que non te quere xa / ou é que di que non te pode nin ver / non o penses máis, desaparecer / nunca está de máis desaparecer / Non sei de ninguén, que puidese probalo solo unha vez / Desaparecer / Moito digo que nunca máis / e logo son o primeiro en volver / o primeiro en desaparecer / e vendo no mundo o que hai / sendo a xente como é / quen non vai soñar con desaparecer / todo é xenial ao desaparecer / Non sei de ninguén, que logo de marchar se esforzase en volver / e para que? / Quen vai querer a merda podendo ter o mel? / Desaparecer / Quédate ben con esta cara porque non a vas volver ver / non quero escoitar a túa charla, non me vas convencer / non quero volver aí abaixo volver ao mundo outra vez / o único que quero é desaparecer.
|
||||
7. |
Ei ei
02:10
|
|||
Ei ei, imos bailar / teño algo pra os dous que nos vai encantar / primeiro era unha idea e agora tráioo nas mans / faime mover as pernas, non o podo evitar / A cabeza di que pare pero o corpo pide máis / non é que non teña bastante non teño nin pa empezar / Ei ei, veña dame a túa man / traio algo de présa, non podo esperar / teño aquí un nervio dentro, que me vai matar / e aunque a veces me doia, non está tan mal / Todo o mundo di que pare pero o corpo pide máis / por eso cando din que achante digo non penso parar / Perdona que insista, sempre estou igual / mira que me repito pero vén bailar / sempre digo o mismo e non o podo evitar / veña ven comigo, veña imos bailar.
|
||||
8. |
Familia Política
05:53
|
|||
Que ben, xuntos outra vez / estamos todos, non falta ninguén / Sempre espero ansioso estas fechas / sempre estou nervioso ata que chegan / que agora, como xa medrei, ata me deixan beber / e, máis ou menos, todos o pasamos ben / Pero sempre é un pouco peor do que esperas / todo é un pouco peor do que esperas / E aínda así non fago máis que esperar, non vaia ser que o mellor chegue ao final / Tan bonita é a carteira de papá, que ata deixo que me pase por riba a man / ou que apoie os pés na miña cabeza / se pon el a pasta, que faga o que queira / E o que digan os de fóra, mira, eso danos igual / a familia é o primeiro e que se jodan os demais / Sempre a hostias, pero ó final, sodes todos como irmáns / Se non me fixo ben, na mesa decidiron xa o que se pode dicir e o que está ben pensar / e eu por suposto non quero problemas, eu por suposto agacho a orella / que ninguén pediu nacer, e logo de medrar algo vas ter que facer / Morrer por traballar, iso é o que che queda / chupar e aguantar, a ver cando rebentas / Pero algunhas cousas sempre están aí pa axudar: comer, beber, comprar, foder e volta a comezar / Sempre a hostias, pero ó final, sodes todos como irmáns.
|
||||
9. |
Volve a canción protesta
03:34
|
|||
Salvácheme a noite, agora deixa que te escoite / sei que todo o que me contes, vaime facer feliz / todo o fago para ti, pa que mires e te rías / quero repetir axiña, non podo esperar / ao probar non o tiña claro, estaba un pouco asustado / pero agora ti ó meu lado, non me sinto mal / sei que non é pa tanto, e aínda se me fai estraño / aínda sudo ó pensalo, pero sempre quero máis / E aunque algunha vez é certo que dudei, agora solo penso en volver / e aunque sei que a mellor é a primeira vez / hei vivir con iso, quero volver / Non se explica con palabras, coma esto non hai nada / vexo o ceo e logo nada, non hai cousa igual / esta fame nunca pasa, creo que hei morrer coa gana / hai quen pode controlala, pero eu sempre quero máis / tardei tempo en darme conta, en deixar de darlle voltas / antes dábame vergonza, e agora quero máis / todo o resto non importa, contigo é outra historia / Falo como unha persoa, e roio coma un can / E aunque algunha vez é certo que dudei, agora solo penso en volver / e aunque sei que a mellor é a primeira vez, eu nunca aprendo, quero volver / algunhas cousas nunca van tar ben / pero eu quero verte, quero volver / cando estivemos xuntos paseino ben / e é por iso que solo penso en volver / Solo penso en volver / todo o cacho en volver / outra vez.
|
Oh Ayatollah Santiago De Compostela, Spain
Somos Oh! Ayatollah e facemos pop
Streaming and Download help
If you like Volve a canción protesta, you may also like: